Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (553/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño, de que no xuízo de faltas número 553/2002, se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Condeno o denunciado Marcial García García como autor dunha falta contra a orde pública, á pena de cincuenta días de multa cunha cota diaria de doce euros, o que fai un total de seiscentos euros (600), que debe ser satisfeita no prazo de dez días desde a firmeza desta resolución, prevíndoo de que de se da-lo caso de non a satisfacer e previa exacción

dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana, todo isto con expresa condena en custas.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que contra ela poderán interpor no prazo de cinco días, recurso de apelación ante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Marcial García García, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o tres de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA