Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-430).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 3 de marzo de 2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do polígono I da U.E. nº 14, en Perillo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén se poderá interpoñer recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 19 de marzo de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta