Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO para a licitación de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Narón.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

c) Número de expediente: O-20/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: zona acampada turismo natural 2ª fase.

b) Lugar de execución: Pedroso.

c) Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 89.992,42 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe, ó ser importe menor ó establecido no artigo 135 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: no Negociado de Contratación do Concello de Narón, en horas de oficina (das 9 ás 14).

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Narón 15570.

d) Teléfono: 981 33 77 00, ext. 314.

e) Data límite de obtención de documentos e información: durante o período de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

O contratista deberá acredita-la súa solvencia técnica e financeira mediante calquera dos medios estipulados nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro dos trece días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG. Se o último día coincidise en domingo ou festivo, o prazo rematará o día laborable inmediatamente posterior.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, e conforme o modelo que se establece no devandito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Narón; praza de Galicia, 1, 15570.

d) O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta durante un prazo de tres meses.

e) Non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Narón.

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Data: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de

proposicións; non se considerarán hábiles para estes efectos os sábados.

Narón, 4 de abril de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde