Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial.

A Comisión de Goberno do Concello de Miño, na sesión do 16 de abril de 2003, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«Proxecto de expropiación de bens do sector R.D. Perbes-Vilanova. O PXOM de Miño, aprobado definitivamente por este concello na sesión plenaria que tivo lugar o día 8-8-2002, inclúe entre as súas determinación a delimitación dun sector de solo urbanizable en Perbes e Vilanova, a execución do cal se previu polo sistema de expropiación mediante concesionario, o cal, en virtude do establecido no prego de condicións que rexeu a licitación, terá a condición de beneficiario da expropiación, e como tal será pola súa conta os traballos necesarios para a tramitación do expediente de expropiación polo sistema de taxación conxunta.

Tramitouse o correspondente concurso, resultando adxudicataria a empresa mercantil Fadesa Inmobiliaria, S.A., a cal, con data do 2-4-2003, presentou o expediente de expropiación para que sexa tramitado polo procedemento de taxación conxunta.

A actuación expropiatoria está amparada neste suposto, por unha parte no artigo 98 da LOUG e pola outra na determinación establecida no PXOM, ó decidi-la execución do sector R.D. Perbes e Vilanova polo sistema de expropiación.

O expediente presentado integra os documentos que esixe o artigo 143 da LOUG, polo que, de conformidade cos informes emitidos e a proposta de secretaría, a Comisión de Goberno, acorda por unanimidade:

1. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación presentado por Fadesa Inmobiliaria, S.A. polo procedemento de taxación conxunta, de bens e dereitos incluídos no ámbito do sector R.D. en Perbes e Vilanova delimitado no PXOM, coas precisións que correspondan respecto da valoración dos terreos que será de 3,15 euros o m máis o 5% de premio de afección obrigatorio, en total 3,31 euros m que a entidade concesionaria deberá presentar nas follas o prezo xusto individualizado dos terreos afectados, debidamente rectificadas para a súa ulterior notificación.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no taboleiro de edictos do concello, Diario Oficial de Galicia e un xornal dos de maior circulación da provincia, co obxecto de que quen poida resultar interesado formule as observacións ou reclamacións que considere convenientes, en particular en canto afecte a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificar individualmente as taxacións a quen apareza como titular de bens ou dereitos, cos requisitos que establece o artigo 143 da LOUG.

4. Finalizado o prazo de información pública e de formulación de alegacións por parte dos interesados, deberá procederse a emiti-los correspondentes informes e, se é o caso, a presenta-lo correspondente texto refundido por parte de Fadesa Inmobiliaria, S.A., co obxecto de resolver sobre a aprobación definitiva do expediente por parte da Comisión de Goberno».

Conforme o disposto no artigo 143.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, durante o prazo dun mes, aqueles que poidan resultar interesados poden formular por escrito as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, ante o Concello de Miño.

Miño, 24 de abril de 2003.

Deogracias Romeu López

Alcalde