Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a prestación do seguinte servicio:

Obxecto: prestación do servicio de limpeza de praias para o ano 2003.

Orzamento de licitación: 75.283,39 euros.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: catro meses (do 1 de xuño ó 30 de setembro).

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de

quince días (15) naturais contados a partir da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 23 de abril de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa