Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

ANUNCIO de proceso selectivo para a provisión en propiedade, mediante o sistema de promoción interna, dunha praza de auxiliar administrativo do Concello de Cesuras (A Coruña). Oferta de emprego público do ano 2003.

No BOP da Coruña número 73, do 29 de marzo de 2003, publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases específicas que regulan o proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Cesuras (A Coruña) mediante o sistema de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Cesuras, 1 de abril de 2003.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde