Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 3 de decembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de proxecto de estatutos e bases de actuación no ámbito da UEI número 3-polígono 2, deste concello, tramitado por Francisco Lafont Núñez e outros propietarios das parcelas da UEI3-polígono 2. O que se fai público polo espacio de vinte días, desde o día seguinte ó desta publicación, no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se estimen procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo subliñado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 15 de xaneiro de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde