Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza no Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) do Carballiño (CP-SX-02/2003) e no Centro de Saúde Mariñamansa (A Cuña) (CP-SX-03/2003).

A directora xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anuncia-las licitacións que a continuación se citan:

Nº referencia expediente: CP-SX-02/03.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) do Carballiño.

2. Orzamento total: 69.000 euros (IVE incluído).

Ano 2003: 20.125 euros.

Ano 2004: 34.500 euros.

Ano 2005: 14.375 euros.

3. Garantías.

Provisional: 2 % do orzamento do contrato

(1.380 euros).

Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

Nº referencia expediente: CP-SX-03/03.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde Mariñamansa (A Cuña).

2. Orzamento total: 68.592 euros (IVE incluído).

Ano 2003: 20.006 euros.

Ano 2004: 34.296 euros.

Ano 2005: 14.290 euros.

3. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato

(1.371,84 euros).

Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

As condicións que rexerán os expedientes relacionados son as contidas nos puntos seguintes do nº 4 ó nº 15, ambos inclusive.

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Prazo de execución: dous anos, desde o 1-6-2003 ou data de comezo efectivo da vixencia do contrato unha vez formalizado, se é posterior.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación: ver punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poderánse solicitar no Departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avda. de Zamora, 13-5º planta, 32005-Ourense; teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, todolos días laborables, agás os sábados, en horas hábiles de oficina. Tamén se poderán consultar na páxina da Internet do Sergas (www.sergas.es).

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolucion no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación das ofertas. No suposto de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 22 de abril de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense