Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

O concello, na sesión plenaria extraordinaria realizada o día vintedous de abril de dous mil tres, acordou someter a información pública os seguintes convenios urbanísticos:

a) Convenio urbanístico para o desenvolvemento do sector S-5 de solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Laracha, denominado Fundación Fernández Pousa.

b) Convenio urbanístico para o desenvolvemento do sector S-6 de solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Laracha, denominado Miñoteira Oeste.

c) Convenio urbanístico para o desenvolvemento do sector S-7 de solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Laracha, denominado Miñoteira Este.

d) Convenio urbanístico para o desenvolvemento do sector S-8 de solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Laracha, denominado Buenos Aires.

E de conformidade co disposto no artigo 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, expóñense ó público por prazo de vinte días para a formulación de alegacións.

Lugar de exposición do expediente: secretaría xeral.

Horario: 10 a 13 horas.

A Laracha, 22 de abril de 2003.

José Manuel López Varela

Alcalde

Eduardo J. Figueroa Suárez

Secretario