Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do concurso correspondente ós servicios de edición e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido 2/2000, do 16 de xuño, da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 1/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto e de tramitación urxente, para a contratación dos servicios de edición e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 30, do 12 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

1. Para a impresión, incluído o IVE:

BOPG: 0,04 euros/páxina.

DSPG: 0,03 euros/páxina.

Para a edición dixital, incluído o IVE: edición periódica semestral do BOPG e do DSPG en CD máster e 500 copias, incluída caixa, carátulas, libro explicativo e empaquetado e etiquetaxe:

Pola edición nun CD e as copias correspondentes: 2.788,70 euros.

Pola edición, se é o caso, de CD sucesivos aumentará o prezo en 60 euros por cada disco e as súas correspondentes copias.

2. Para a distribución, incluído o IVE:

Para distribución da edición impresa:

Fíxase no equivalente ó establecido na tarifa que para os envíos na modalidade de publicacións periódicas oficiais teña establecido en cada momento o servicio de correos.

Para a distribución dos CD:

Fíxase no equivalente ó establecido na tarifa que para os envíos desa natureza teña establecido en cada momento o servicio de correos.

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de marzo de 2003.

b) Contratista: La Voz de Galicia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

I IMPRESIÓN

BOPG: 0,028 euros/páxina.

DSPG: 0,020 euros/páxina.

Pola edición dixital periódica semestral do BOPG e do DSPG: cero euros.

II

DISTRIBUCIÓN

Distribución da edición impresa: segundo as tarifas vixentes de correos.

Distribución dos CD da edición dixital: segundo as tarifas vixentes de correos.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia