A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo ordinario número 150/2003 interposto por Odilo Baliñas Bande contra a resolución da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense do 26 de febreiro de 2003 pola que se acorda desestima-la reclamación presentada por Odilo Baliñas Bande e mante-la súa exclusión por non levar empadroado ou te-lo posto de traballo en Ribadavia coa antigüidade mínima de tres anos.
En consecuencia esta delegación provincial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no xulgado do contencioso-administrativo número un de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 22 de abril de 2003.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense