Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministracións sucesivas de material de celulosa para limpeza e aseo, polo procedemento aberto e trámite ordinario (C.P. 14/2003).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 14/2003.

Obxecto: adquisición de material de celulosa para limpeza e aseo.

Orzamento: 228.786 A, IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: bobina seca-mans (102.480 A).

Lote nº 2: papel hixiénico doméstico (2.600 A).

Lote nº 3: papel hixiénico industrial (26.250 A).

Lote nº 4: rolo papel padiola (29.920 A).

Lote nº 5: panos de mesa de papel (8.736 A).

Lote nº 6: panos faciais (58.800 A).

Con posibilidade de licitar a un, a varios ou a totalidade dos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

Admisión de variantes: non.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 e 17 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prezo, ata 50 puntos. 2) Calidade, medidas e presentación, ata 40 puntos. 3) Dispensadores sen custo, ata 5 puntos. 4) Melloras no prazo de entrega, ata 4 puntos. 5) Código de barras EAN 128, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria deben ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s o que se concorra. Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicado/s.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de RR.EE. do complexo hospitalario, ás 9 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 27 de marzo de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense