Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN627A 03/1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UTE Gas-Bens.

Enderezo social: r/ Entrecasas, 95, San Pedro de Visma (A Coruña).

Denominación: planta xeración de Biogás.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: planta de xeración eléctrica constituída por catro motores alimentados con Biogás e catro alternadores cunha potencia de 782 kVA cada un. Dous transformadores de 1.600 kVA e relación de tensións 0,380/15-20 kV. Aparellos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña