Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/405-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. Redondela-Cedeira.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 414 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio existente tipo 2-2A/12 da L.M.T. Redondela (7060249) ata o apoio proxectado CH-2500/11, desde onde continúa en subterráneo, con conductor tipo R.H.V., de 125 m de lonxitude, rematando no apoio existente tipo 1.000/13 desde o que se realiza a derivación ó C.T. existente de Cedeira, no concello de Redondela.

Realizada a información pública e a comunicación individual a cada un dos afectados pola instalación, non se presentaron alegacións no prazo establecido para iso.

A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con data 29-4-2002, comunica a esta delegación que a consecuencia dos permisos de paso se fai necesario modifica-lo último tramo da liña converténdoo en subterráneo, polo que presenta proxecto modificado da instalación coa nova relación de afectados, na que quedan excluídos dous predios a consecuencia do tramo subterráneo e varía a afección nos predios números 6 e 13.

Comunícase a variación da afección ós propietarios dos predios 6 e 13, non presentando estes alegacións no prazo establecido para iso.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como

a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra