Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Pontevedra-Usero-Soe-VV. Mariña-Ballester.
Situación: Ferrol.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV de 1.185 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. CD-N-1 Esteiro e final no C.T. r/ Pontevedra, pasando polos CC.TT. praza de Sevilla, Ballester, VV. Mariña, Soe e empalmando á altura de Esteiro a nova L.M.T. de praza de España o C.T. trav. de Vigo.
Liña eléctrica de media tensión subterránea para intercala-lo C.T. Alcalde Usero, entre os CC.TT. instituto e praza Ilustración de 249 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al. Concello de Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 19 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña