Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.595

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 30 de abril de 2003, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a comunicación da Compañía Radio-Televisión de Galicia sobre a aprobación polo Consello de Administración da devandita compañía, do documento denominado Plano de cobertura de TVG e Radio Galega para as eleccións do 25 de maio de 2003.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de febreiro de 1999 (BOE nº 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia de que a Compañía de Radio-Televisión de Galicia puxo en coñecemento desta Xunta Electoral Provincial o documento denominado Plano de cobertura de TVG e Radio Galega para as eleccións do 25 de maio de 2003, aprobado polo Consello de Administración da citada compañía en sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar o día de hoxe.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examinar esta programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta primeira, rúa Capitán Juan Varela, s/n, da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que coiden pertinentes.

A Coruña, 30 de abril de 2003.

Cándido Curiel Fernández

Secretario

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA