Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.595

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003, do tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de enxeñeiro técnico forestal, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 16 de abril de 2003, o tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B, escala de enxeñeiro técnico forestal), convocado pola Orde do 8 de outubro de 2002, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición teña lugar o día 10 de maio de 2003, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, aula 3, sita en Santiago de Compostela, Campus Universitario Sur.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas.

De conformidade coa base II.2.2 os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, non incluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2003.

Luis González Vázquez

Presidente do tribunal