Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada, que tivo entrada nesta dele

gación provincial o día 17-2-2003, subscrito en representación da parte económica por Transviac, Transgacar e Anetra, e da parte social por CC.OO. e CIG o día 12-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Revisión salarial do convenio colectivo do sector

de transporte de viaxeiros en autobús por estrada

Acta.

Asistentes:

Pola parte social.

-Por CIG:

Ernesto López Rei.

Vicente Otero Fernández.

Dictino Losada Vega.

Ángel Galdo.

-Por CC.OO.:

Jose Manuel Lado Lestón.

Por Transviac:

Carlos Botas Piñón.

Fernando Míguez Rey.

Javier García Ruiz (asesor xurídico).

-Por Anetra:

Jesús Lurigados Veiga.

A Coruña, 12 de febreiro de 2003.

Reunidos os comparecentes co obxecto de revisa-las táboas salariais para os anos 2002 e 2003 chegan ó seguinte acordo:

Único.-Unha vez revisadas as taboas salariais, as atopan conformes. Anexo I e II.