Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación das instalacións no porto de Mugardos, situado no concello de Mugardos, provincia da Coruña e promovido polo ente público Portos de Galicia.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación das instalacións no porto de Mugardos, situado no concello de Mugardos, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia da Coruña.

-Concello de Mugardos.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia