Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 14 de abril de 2003, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador do expediente 32/2003, devolto polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da Mariña Mercante, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O instructor do expediente é Jesús Javier Fernández Barro, con domicilio para estes efectos na Praza de Europa 5-A 6º, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (en diante LRXPAC).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo; DOG nº 228, do 28 de novembro), e, en virtude do disposto na resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 20 de marzo do 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sitos na Praza de Europa, 5-A, 6º, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta nº 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo será considerado proposta de resolución ( artigo 13.2 R.P.).

Así mesmo, e por aplicación do disposto no artigo 15 do R.P., en relación cos artigos 72 e 136 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente comunícaselle e confírmase que por razóns de urxencia inaprazable, para os efectos de evita-lo mantemento das consecuencias da infracción e polas esixencias derivadas dos intereses xerais e particularmente de garanti-los dereitos dos concesionarios ó uso exclusivo e excluínte do que gozan sobre as concesións administrativas, adoptouse a medida provisional consistente na retirada, traslado e depósito da súa embarcación no almacén que Portos de Galicia ten no porto de Tragove.

Para recoller e retira-la súa embarcación deberá de poñerse necesariamente en contacto coas oficinas da zona sur de Portos de Galicia sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001, Pontevedra.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Plantificación

ANEXO

Expediente, denunciante, matrícula, embarcación: sanc. 32/2003, Xefatura de Área 5ª-VILL-959 Crisveal.

Denunciado, último enderezo coñecido: Severino Diz Seoana, Cervantes, 74, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Feito denunciado. Data-porto: atraque sen autorización e incumprimento de orde de desatraque. 6-2-2003, 25-3-2003, Beluso (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 114.1º a) e b) e 114.2º e) da Lei 27/1992. O.M. 12-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120, Lei 27/1992.

Sanción proposta: 1.500 euros.