Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de 200 ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, delegacións territoriais, distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 8/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de 200 ordenadores persoais con destino ó CIXTEC, delegacións territoriais, distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

b) Número de unidades que se van entregar: o indicado no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: CIXTEC, rúa Domingo Fontán, nº 9, 15702 Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 15 días naturais desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos setenta e dous mil euros (272.000 A) IVE incluído.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación: 5.440 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: CIXTEC.

2. Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3. Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 9 de xuño de 2003.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas.

Día 11 de abril de 2003.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos.

WWW.CIXTEC.ES.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable