Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 529/2002 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18, 5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 1 de abril de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 529/02 IN.

Denunciado: Pedro Varela Seijo.

DNI: 34576235.

Último enderezo coñecido: r/ Remedios nº 28, 1º. 32002 Ourense.

Feito denunciado: abandono do vehículo M-5582-BU.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-2-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 A.

Expediente nº/ano: OU 536/02 IN.

Denunciado: Fernando Luis Ferreira dos Santos.

DNI: OR 007143.

Último enderezo coñecido: Toén. 32930 Toén.

Feito denunciado: abandono do vehículo OR-28113.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-2-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 A.

Expediente nº/ano: OU 545/02 IN.

Denunciado: Hermanos Varela.

CIF: A32014318.

Último enderezo coñecido: r/ Remedios, nº 28. 32002 Ourense.

Feito denunciado: abandono do vehículo OR-3176-K.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-2-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 A.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE