Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (15/2001).

Dolores Rolle Insua, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instruccón de Muros e o seu partido xudicial, fai saber que nos autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co número 15/2001 se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Muros, trinta e un de xullo de dous mil dous.

María de las Mercedes Martín Olivera, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Muros, viu este autos de xuízo de cognición número 15/2001, sobre declaración de dominio, promovidos por Andrés Santiago Costa, maior de idade, casado, con DNI número 76471310 e veciño de Cee (A Coruña), con domicilio na rúa Buenaventura Castro Rial número 7-3º esquerda, asistido do letrado Bernardo Silva Regueira, contra Benito Madroño Beiro, casado, con domicilio en Viktoriaran, 2, 3013 Berna (Suíza), con pasaporte número 7200357, representado polo procurador Ramón Uhía Bermúdez e asistido do letrado Francisco Javier Tajes Sendón; Carmen Maroño Costa, incapacitada e tendo a súa representación legal a Fundación Gallega para a Tutela de Adultos, representada pola procuradora Caridad González Cerviño e asistida do letrado Elisardo García Lago; e contra Domingo Maroño Costa, Santiago Maroño Costa e herdeiros descoñecidos e incertos de María Costa Sande, os cales foron declarados en

rebeldía, e pronunciou en nome de El-Rei a seguinte resolución:

Decido que estimando a excepción de litis consorcio pasivo necesario presentada polo procurador

sr. Uhía Bermúdez, en nome e representación de Benito Maroño Beiro, debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Andrés Santiago Costa, contra Domingo Maroño Costa, Carmen Maroño Costa, Santiago Maroño Costa, Benito Maroño Beiro e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de María Costa Sande e todo iso con expresa condena en custas á parte demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, podendo interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que, se é o caso, deberá interpoñerse neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación.

Por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que así conste, para a súa publicación no DOG e para que lles sirva de notificación ós herdeiros descoñecidos e incertos de María Costa Sande, expido, selo e asino este edicto en Muros o doce de decembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ORDES