Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.550

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas, en virtude de probas selectivas pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de facultativos de arquivos e bibliotecas, convocadas por Resolución do 13 de maio de 2002 (DOG do 5 de xuño), e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se citan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, os interesados prestarán xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas

da Universidade de Santiago de Compostela

Nº ordeDNIApelidos e nome

135318122Casal Reyes, María Isabel

233213508Bermejo Díaz de Rábago, Carmen

332428741Facal Casado, José Manuel

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS