Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.549

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2003 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico de relacións internacionais, convocada por Resolución do 10 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2003).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico de relacións internacionais, convocada por Resolución do 10 de decembro de 2002 (DOG do 20 de xaneiro de 2003), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1. da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación e que está exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa da Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

Relación de admitidos:

DNI nºApelidos e nome

35466780Coello García, Sandra

33333772Crecente González, Ignacio

32760716Fernández Fernández, María del Mar R.

32808311García Centeno, Nieves

52935216Gómez Monteagudo, Beatriz

13134146González Gonzalo, Belén

32843168González Liaño, Iria

36140477Hernández Rodríguez, Guillermo Alejandro

07243453Martín López, Rosa María

34963241Mendoza Chandas, María Belén

32835327Mosquera Martín, Lorena

32760368Pérez López, Eva María

34891184Varela Pedreira, Diego

76995296Vaz Veiga, Mónica

Relación de excluídos:

32845439Rodríguez Porvén, Bernabé. Non acredita

titulación.

De acordo co previsto na base 7.1. convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 17 h do día 12 de maio de 2003 na sala de reunións do Consello de Goberno da Universidade da Coruña (r/ Mestranza, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña