Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.551

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

CÉDULA de notificación (412/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«En Ordes o 23 de decembro de 2002.

Vistas por María Teresa Magdalena Anda, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes, as actuacións de xuízo verbal seguidas ante este xulgado, co número 412/2002, por instancia de Manuel Parga Carballeiro, representado polo procurador dos tribunais Avelino Calviño Gómez e asistido polo letrado Juan García Maceira, contra irmáns Carballeiro Gandra, en situación de rebeldía, sobre declaración de dominio.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que se estima integramente a demanda, presentada pola representación en autos de Manuel Parga Carballeiro contra irmáns Carballeiro Gandra, declarando que o demandante é dono en pleno dominio por herdanza dos seus pais do predio número 2480 da zona de concentración parcelaria de Oroso, Gándara, Deixebre e Trasmonte, declarando así mesmo que o predio pertenceu ó patrimonio dos causantes Carmen Carballeiro Carballeiro e Eduardo Parga Villaverde, desde o ano 1963.

Expídase testemuño da presente sentencia e líbrese mandamento ó Rexistro da Propiedade de Ordes co fin de que se proceda á cancelación da inscrición

de 2/5 partes do citado predio a nome dos irmáns Carballeiro Gandra, inscribindo a dita porción a favor de Manuel Parga Carballeiro.

Non se fai especial imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos irmáns Carballeiro Gandra, esténdese esta cédula para que sirva de notificación.

Ordes o vinteseis de febreiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado