Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003 pola que se convoca unha Xornada sobre a Lei xeral de estabilidade orzamentaria e os entes locais.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2003, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha Xornada sobre a Lei xeral de estabilidade orzamentaria e os entes locais, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Coñecemento e debate do obxectivo da estabilidade orzamentaria e os entes locais.

Segunda.-Contido.

Trataranse estes temas:

-O obxectivo da estabilidade orzamentaria e os entes locais.

-O SEC-95. A súa aplicación ó ámbito local. A súa aplicación no ámbito local. Determinación do obxectivo de estabilidade orzamentaria en termos do SEC-95.

-O desenvolvemento da Lei xeral de estabilidade orzamentaria no ámbito local.

-O endebedamento das corporacións locais e os obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local galega, da Xunta de Galicia e interesados en xeral.

Cuarta.-Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e data: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos de Escola Galega de Administración

Pública. R/ Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, o día 30 de maio de 2003.

Quinta.-Inscrición.

Prazo: remata o xoves día 28 de maio de 2003.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Nº de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 28 de maio, das 8.30 ás 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 57 ou 981 54 62 56.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública