Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o 2002 e calendario laboral para o 2003 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Visto o expediente da revisión salarial para o 2002 e calendario laboral para o 2003 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira, que tivo entrada nesta delegación provincial ó día 19-3-2003 subscrito pola comisión paritaria o día 26-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria para a revisión salarial do ano 2002 do convenio colectivo provincial da Coruña de rematantes e serradoiros.

Asistentes.

Parte empresarial:

Benito García Sánchez

Ramón Romero Quintáns

Manuel Bouzas Collazo

UGT:

Jesús Mari Calvo Romero

Constantino Silva Picallos

José Carlos Rodríguez del Río

CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama

Argimiro González Pérez

CIG:

José Luis Rúa Lamas

Victorino Prado Ares

Vicente Moreira Sobrido

Na cidade de Santiago de Compostela, ás 17 horas do día 26 de febreiro de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de rematantes e serradoiros de madeira para, en cumprimento do establecido no artigo 32 do convenio, proceder á revisión salarial do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2002.

Dado o IPC oficial certificado polo INE o 31-12-2002 foi do 4%, procede efectuar unha revisión salarial adicional do 2% para fixa-las táboas salariais definitivas do ano 2002. A dita porcentaxe é a diferencia entre o IPC oficial do ano e a previsión de incremento do IPC tomada en consideración para a revisión salarial inicial.

Así mesmo, procédese á confección das táboas salariais e ós atrasos correspondentes, tal e como aparecen reflectidos no anexo que se xunta á presente acta.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.30 horas da data enriba sinalada, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.

Nivel salarialSalario base 2002Complemento de transporte 2002Complemento de transporte 2002Salario total anualAtrasos salariais Cláusula revisión 2002

Técnico proxectista694,041,442,2310.726,77199,77

Perito678,001,442,2310.501,02195,48

ATS678,001,442,2310.501,02195,48

Xefe administrativo 1ª694,041,442,2310.725,58199,77

Encargado678,001,442,2310.501,02195,48

Delineante661,931,442,2310.276,04191,19

Xefe administrativo678,001,442,2310.501,02195,48

Auxiliar analista648,011,442,2310,081,16187,47

Oficial administrativo 1ª661,931,442,2310,276,04191,19

Oficial administrativo 2ª648,011,442,2310.081,16187,47

Auxiliar administrativo633,061,442,239.871,86183,47

Oficial 1ª661,931,442,2310.276,04191,19

Oficial 2ª648,011,442,2310.081,16187,47

Axudante633,061,442,239.871,86183,47

Peón especializado620,281,442,239.692,94180,06

Peón604,761,442,239.475,66175,90

Ordenanza604,761,442,239.475,66175,90

Garda e vixilante604,761,442,239.475,66175,90

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña de rematantes e serradoiros.

Asistentes.

Parte empresarial:

Benito García Sánchez

Ramón Romero Quintáns

Manuel Bouzas Collazo

UGT:

Jesús Mari Calvo Romero

Constantino Silva Picallos

José Carlos Rodríguez del Río

CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama

Argimiro González Pérez

CIG.:

José Luis Rúa Lamas

Victorino Prado Ares

Vicente Moreira Sobrido

Na cidade de Santiago de Compostela, ás 16.30 horas do día 26 de febreiro de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de

rematantes e serradoiros de madeira para a confección do calendario laboral que rexerá desde o 1 de xaneiro do ano 2003 ata o 31 de decembro deste ano.

As xornadas dos días 21 de abril, 2 de maio, 31 de outubro, 5 de decembro, 24 de decembro, 26 de decembro e 31 de decembro, así como catro horas do día 23 de decembro, decláranse festivos para os efectos de dar cumprimento ó cómputo anual de horas pactadas, que ascende a 1.772 horas.

Se algún festivo de convenio coincide cun festivo local, este pasará ó día anterior ou posterior laboral. Así mesmo, todas estas xornadas poderanse cambiar por outras que as empresas acorden cos seus representantes legais ou cos seus traballadores.

Ambalas dúas partes proceden á confección do citado calendario, o cal figura como anexo á presente acta.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 17 horas da data enriba sinalada, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.