Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.525

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2003 pola que se prorroga o prazo para asistir e xustifica-los cursos de formación, actualización ou perfeccionamento ós que se refire o artigo 33 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, para os efectos da renovación das habilitacións de guía de turismo especializado que vencen o 14 de abril de 2003.

O Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de

turismo e turismo activo establece, no seu artigo 33, que o período de validez das habilitacións de guía de turismo especializado será de cinco anos renovables por iguais períodos de tempo, sempre que o interesado acredite a asistencia a un ou varios cursos de formación, actualización ou perfeccionamento que para tal efecto organice ou homologue a consellería competente en materia de turismo e que sumen un mínimo de 70 horas durante os cinco anos de vixencia da habilitación anterior.

Por outra banda, a disposición transitoria primeira do devandito decreto dispón que os guías de turismo e guías intérpretes de turismo habilitados polo Estado ou pola Xunta de Galicia ó abeiro da normativa anterior, Orde do 26 de marzo de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se regula a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, conservarán vixente a súa habilitación ata o 14 de abril de 2003, data na que se cumpre o prazo de cinco anos previstos na norma e contados a partir da entrada en vigor da citada Orde do 26 de marzo de 1998.

Nembargantes, á vista das circunstancias concorrentes, e tendo en conta o número de cursos realizados pola Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVO:

Primeiro.-Prorrogar ata o 31 de decembro de 2003 o prazo para asistir e xustifica-los cursos de formación, actualización ou perfeccionamento ós que se refire o artigo 33 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, para os efectos da renovación das habilitacións de guía de turismo especializado que vencen o 14 de abril de 2003.

Segundo.-A prórroga do prazo establecida no punto anterior non suporá ningún cambio na data de vencemento das habilitacións que se renoven ó abeiro desta resolución, de xeito que aquela será en todo caso o 14 de abril de 2008.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL