Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono 01-B dentro da área de repartición -29 por instancia de Construcciones Limia, S.L. e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia, e disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o semetemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado na secretaría deste concello para que calquera persoa interesada poida presentar alegacións.

Verín, 11 de abril de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde