Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.507

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ACORDO do 5 de decembro de 2002, do Padroado da Fundación Pública Hospital do Salnés, polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

En uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, o padroado da Fundación Pública Hospital do Salnés, autorizou a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, baixo os principios de igualdade, mérito,

capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei. Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxectivo do proceso de selección.

O proceso selectivo ten por obxecto a cobertura con carácter indefinido de determinadas prazas vacantes existentes na Fundación Pública Hospital do Salnés. O número de prazas que se van cubrir neste proceso é o que se especifica no anexo I desta convocatoria, con especificación das categorías, áreas de traballo e requisitos básicos de cada unha delas.

2. Aspectos xerais.

2.1. Fases do proceso de selección. O proceso selectivo ten tres fases. A primeira consistirá nuha proba teórico-práctica de coñecementos específicos sobre a especialidade e de galego. A segunda consistirá na valoración do currículo e a terceira fase nunha entrevista persoal. A puntuación de cada unha das fases especifícase no anexo II e o baremo no anexo III.

2.2. Lugares de información e recollida de solicitudes. Durante todo o proceso de selección a información será facilitada na seguinte oficina de información: Fundación Pública Hospital do Salnés. Estromil, Ande-Rubiáns. 36600 Vilagarcía de Arousa. Horario: das 10 ás 14 h (de luns a venres). Teléfono de información: 986 56 80 32. Os lugares onde se poderán recolle-las solicitudes serán: oficina de información da fundación e na páxina web do Sergas: www.sergas.es. No anexo IV desta convocatoria figura unha copia da solicitude de admisión ó proceso selectivo.

2.3. Comisións de selección. Con motivo da selección constituirase unha comisión de selección por cada unha das categorías, que terá por obxecto garantir e supervisa-lo desenvolvemento axeitado do proceso en tódalas súas fases. As citadas comisións estarán constituídas por un presidente, un secretario e alomenos tres vocais, dos cales un deles serao en representación sindical.

A comisión de selección poderá contar coa colaboración dos asesores que considere oportunos.

Os membros das comisións deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou cando nos cinco anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes.

En ningún caso a comisión poderá declarar que superaron o proceso de selección un número superior de aspirantes có dos postos convocados.

2.4. Documentación e reclamacións. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na súa solicitude. O domicilio que figura na solicitude considérase o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do concursante, tanto os erros na consignación del como a non comunicación de cambios de domicilio.

Os erros de feito que se advertisen en calquera das fases poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado. Tódalas reclamacións que se realicen durante o proceso de selección deberán enviarse por correo certificado ás comisións de selección ou rexistrarse na oficina de información da fundación. Os prazos de presentación de reclamacións, incluso contra as listaxes provisionais, serán de 5 días naturais a partir da publicación de calquera listaxe. As reclamacións que se presenten deberán reflecti-lo nome e apelidos do reclamante, enderezo, teléfono de contacto, categoría e motivo da reclamación. As alegacións serán resoltas pola comisión de selección e publicarase unha listaxe complementaria da primeira.

3. Etapas do proceso de selección.

3.1. Requisitos de admisión: para poder presentarse ó proceso de selección, será obrigatorio o comprimento dos seguintes requisitos no último día do prazo de presentación de solicitudes:

* Ter cumpridos 18 anos no momento de presentación da solicitude e non exceder da idade de xubilación forzosa.

* Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou do espacio económico europeo ou te-lo dereito á libre circulación dos traballadores conforme o Tratado da Comunidade Europea.

* Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

* Ter aboados os dereitos de admisión ó proceso selectivo.

* Estar en posesión da titulación requirida para poder optar á categoría.

* Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera servicio de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin encontrarse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin para a correspondente profesión.

* No caso dos nacionais doutros estados membros, non encontrarse inhabilitado, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso ás funcións ou servicios públicos dun estado membro, nin estar separado por sanción disciplinaria dalgunha das súas administracións ou servicios públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

Ó se presentaren a este proceso, asúmese que os candidatos coñecen e aceptan as bases da convocatoria.

3.2. Presentación de solicitudes e pagamento dos dereitos de admisión. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Soamente se admitirán aquelas solicitudes entregadas no dito prazo, sendo excluídas todas aquelas que non cumpran este requisito. Na solicitude que será única por categoría e área de traballo á que se opta, figurará o selo xustificativo do ingreso bancario e tamén a inscrición mecanizada do asento contable.

Os dereitos de admisión aboaranse por solicitude de participación, e terase que ingresar a favor da Fundación Pública Hospital do Salnés, no seguinte número de conta: Caixa Nova nº: 2080-0067-22-0040035998. A falta de ingreso dos dereitos de admisión considerarase unha causa excluínte. A contía dos dereitos de admisión por categoría é de 36 euros. Os dereitos de admisión non se devolverán en ningún caso, aínda cando sexan coincidentes a data e a hora dos exercicios eliminatorios das diferentes categorías.

Os aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33% estarán exentos de aboa-las taxas por dereitos de exame.

Os aspirantes deberán entrega-la solicitude de inscrición e unha copia do DNI na Fundación Pública Hospital do Salnés, ou ben enviala por correo certificado á oficina de información da fundación, nun sobre pechado sinalando a categoría á que se opta, de tamaño axeitado (A4 ou similar), sen dobrar e deberá figurar na solicitude o selo coa data de envío posto na oficina de correos.

3.3. Listaxe de candidatos admitidos e excluídos ó proceso de selección. Publicarase a listaxe provisional de solicitantes admitidos e excluídos no proceso de selección, especificando a causa de exclusión para os afectados. As listaxes publicaranse nos lugares indicados no punto 2.2. da convocatoria.

3.4. Realización da primeira fase do proceso selectivo. Unha vez rematado o período de reclamacións e publicadas as listaxes definitivas, realizarase a proba teórica, que consistirá nun exercicio tipo test, no que as respostas erróneas se valorarán negativamente sendo a puntuación máxima deste exercicio de 55 puntos. En ningún caso se celebrará antes dun mes desde a publicación desta convocatoria, e previsiblemente arredor dos meses de verán. A proba teórica poderá ser simultánea para varias categorías, coincidindo o chamamento o mesmo día e á mesma hora.

Tódolos candidatos que acudan á realización da mesma deberán leva-lo orixinal do DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentaren ningún destes documentos non poderá face-las probas. Os aspirantes serán chamados para a realización dos exercicios nun chamamento único, sendo excluídos do proceso os que non comparezcan. En todo caso, para garanti-la unidade de acto, non serán tidas

en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emenda-la non comparecencia.

Unha vez rematada a primeira fase do proceso selectivo, as comisións de selección, con carácter informativo e non vinculante, farán público un acordo coa listaxe de persoas seleccionadas nesta fase, á vista das frecuencias de resultados, arredor dun número de aspirantes non inferior a tres nin superior a cinco por praza convocada.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, as comisións de selección publicarán un acordo coas puntuacións definitivas dos aspirantes nesta fase. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

3.5. Realización da segunda fase do proceso selectivo. Posteriormente publicarase unha resolución das comisións de selección pola que se abre un prazo de diez días naturais contados desde o seguinte ó da súa exposición, para que os aspirantes acheguen á oficina de información da fundación a documentación acreditativa dos méritos que aleguen mediante orixinal ou fotocopia compulsada deles. Non será válido o envío desta documentación co sobre da solicitude. Previamente á entrevista realizarase un proceso de validación do currículo, no que se comprobará a documentación presentada. A puntuación máxima nesta fase é de 25 puntos.

Rematado o proceso de comprobación do currículo, as comisións de selección farán público un acordo coa listaxe de persoas que superaron esta segunda fase. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a comisión tal como se indica no punto 2.4 destas bases.

Se algún aspirante non achegara calquera tipo de mérito, a comisión de oficio outorgaralle cero puntos na valoración do seu currículo. Sen embargo, tódolos aspirantes, sen excepción, que superaron a primeira fase, deberán achegar inescusablemente a fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na categoría correspondente.

Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta segunda fase enténdense referidas ó día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. Realización da terceira fase do proceso selectivo. A entrevista persoal é a terceira fase do proceso de selección de persoal. Nesta valorarase aquela información que non é achegada no currículo e que é importante para o bo desempeño da actividade profesional, como son o perfil laboral dos candidatos e a súa capacitación profesional. A puntuación máxima nesta fase é de 20 puntos.

Os convocados a esta fase deberán presentarse nas oficinas de información co orixinal do DNI, permiso de conducir ou, no seu defecto, pasaporte.

3.7. Publicacións de listaxes finais. Unha vez rematada a terceira fase, publicaranse as puntuacións totais dos aspirantes en cada categoría. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará o acordo que conteña a relación dos aspirantes definitivamente seleccionados, coa puntuación total acadada por cada un deles.

O sistema de desempate efectuarase en prol dos aspirantes que obtiveran maior puntuación na proba teórica, de persisti-lo empate dirimirase a prol do aspirante coa maior puntuación na segunda fase e sucesivamente a prol do aspirante coa maior puntuación na terceira, e de ser necesario a maior idade do aspirante.

3.8. Contratación das persoas seleccionadas. A Fundación Pública Hospital do Salnés procederá á súa contratación laboral indefinida cun período de proba dos candidatos seleccionados a través deste proceso. Os postos de traballo que permanezan vacantes pola renuncia das persoas seleccionadas cubriranse de xeito correlativo por aqueles que obteñan a seguinte puntuación na listaxe definitiva de seleccionados. Poderanse declarar desertos aqueles postos de traballo nos que non se atope a persoa axeitada para ocupalo.

Para as listaxes de cotratación temporal da Fundación Pública Hospital do Salnés, será mérito a participación neste proceso selectivo do seguinte xeito: a superación da primeira fase contará para as ditas listaxes 7,5 puntos; e a superación da terceira fase contará outros 7,5 puntos.

Vilagarcía de Arousa, 5 de decembro de 2002.

Pedro Soler Bordoy

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés

ANEXO I

Categorías profesionais, áreas de traballo e prazas ofertadas

CategoríaÁrea de traballoTitulaciónPrazas

Facultativo/aAnestesiaEspecialidade en anestesia e reanimación2

Facultativo/aObstetricia e xinecoloxíaEspecialidade en obstetricia e xinecoloxía1

Facultativo/aOtorrinolaringoloxíaEspecialidade en otorrinolaringoloxía1

Facultativo/aTraumatoloxía e cirurxía ortopédicaEspecialidade en traumatoloxía e cirurxía ortopédica2

Facultativo/aMedicina internaEspecialidade en medicina interna1

Facultativo/aRadioloxíaEspecialidade en radiodiagnóstico1

Facultativo/aHematoloxíaEspecialidade en hematoloxía1

Facultativo/aPediatríaEspecialidade en pediatría e puericultura1

Facultativo/aUrxenciasEspecialidade en medicina e cirurxía2

CategoríaÁrea de traballoTitulaciónPrazas

Facultativo/aDixestivoEspecialidade en aparello dixestivo1

Facultativo/aRehabilitaciónEspecialidade en rehabilitación1

Facultativo/aMedicina preventivaEspecialidade en medicina preventiva1

ANEXO II

Fases do proceso de selección e puntuación de cada

unha delas

FasesObxectoPuntos%

Proba teórica5555

Currículo2525

Entrevista2020

Total100

ANEXO III

Baremación do currículo

1. Formación continuada:

A puntuación máxima neste epígrafe será de 5 puntos. Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada dos títulos con expresión do número de horas acreditadas da acción formativa. Non se valorarán os diplomas relativos a celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Pola asistencia debidamente acreditada a cursos, sempre que fosen realizados posteriormente á licenciatura, convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM e Cruz Vermella ou avalados en debida forma polo Sergas, FEGAS ou cursos impartidos dentro dos programas de formación continuada do propio Hospital do Salnés, sempre que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

* De 21 a 40 horas: 0,5 puntos.

* De 41 a 80 horas: 1 punto.

* De 81 a 200 horas: 2 puntos.

* De máis de 201 horas: 3 puntos.

2. Formación especializada vía MIR:

* 5 puntos na especialidade á que se opta.

* 3 puntos en servicios sen especialidade recoñecida.

No suposto dos facultativos de urxencias:

* 5 puntos na especialidade como médico de familia.

* 3 puntos con outra especialidade vía MIR.

3. Experiencia profesional:

A puntuación máxima posible por cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 10 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en institucións acollidas ó Convenio Colectivo de Fundacións Públicas Sanitarias de Galicia: 0,5 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias dependentes do Sistema Nacional de Saúde: 0,10 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados noutras institucións sanitarias ou de servicios sociais públicas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas: 0,04 puntos.

Ós días soltos aplicaráselle-la parte proporcional para o reconto do tempo traballado. Non se contabilizará para estes efectos o tempo de traballo en programas de formación especializada (MIR). Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados.

4. Publicacións, relatorios e investigación:

A puntuación máxima será de 5 puntos. Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada.

* Pola publicacións de carácter científico en revistas especializadas a nivel nacional ou internacional: 0,25 puntos.

* Pola presentación de comunicacións ou relatorios a congresos, seminarios ou xornadas: 0,10 puntos.

* Pola docencia activa por hora: 0,02 puntos.

* Tese de doutoramento: 1 punto.

ANEXO IV

Instruccións xerais para cubri-la solicitude:

* Cubra tódolos datos da solicitude con letra clara e lexible.

* Evite saír da marxe de cada un dos datos que se solicitan.

* Non cubra uns datos sobre outros. Non borre, nin deixe manchas na solicitude.

* Evite dobra-la folla de solicitude e non esqueza asinar.