Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar con data do 15 de abril de 2003, acordou aproba-lo prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e mediante a forma de concurso, trámite de urxencia,

da dotación de infraestructuras básicas en zona industrial da Grenla, así como a súa licitación.

Para tal fin exponse ó público o devandito anuncio.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato.

A adxudicación da contratación, polo procedemento aberto e mediante a forma de concurso, trámite de urxencia, da dotación de infraestructuras básicas en zona industrial da Grenla, incluída no POL/2003.

3. Duración do contrato.

Prazo de execución: doce meses.

4. Capacidade para contratar.

Regulada no prego de cláusulas administrativas.

5. Garantías.

Provisional: 1.370,24 euros, equivalente ó 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas.

Na secretaría do concello (das 9 ás 14 horas) no prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Presentaranse dous sobres pechados, nos que constarán: sobre A (documentación) e sobre B (proposta para tomar parte na contratación do concurso, polo procedemento aberto, da dotación de infraestructuras básicas en zona industrial na Grenla).

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os contidos na base 2ª do prego de cláusulas.

8. Apertura de proposicións.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non coincida en sábado; en tal caso terá lugar o seguinte día hábil.

9. Modelo de proposición.

A oferta, xunto coa restante documentación esixible segundo o prego de cláusulas, presentarase conforme o seguinte modelo:

D/Dna veciño/a

de con domicilio en

CP e DNI nº expedido en

con data do en nome propio (ou en

representación de ) e como acredito

por informado da convocatoria do

concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, anunciada no BOP e no Diario Oficial de Galicia, toma parte nela e comprométese a realiza-la dotación de infraestructuras básicas en zona industrial da Grenla, no prezo de .

Esta oferta comprende o prezo de contrata e o IVE, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas aprobado, que acepta integramente, e declara non estar incurso nos supostos de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidos nos artigos 20 e 22 da Lei de contratos das administracións públicas).

En ... o ... de ... de 2003.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Ribadumia, 16 de abril de 2003.

Mª Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa