Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO de licitación.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar con data do 15 de abril de 2003, acordou aproba-lo prego de condicións para a adxudicación mediante concurso, polo procedemento aberto, do servicio de gardería infantil municipal, así como a súa licitación.

Para tal fin exponse ó público o devandito anuncio.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato.

A adxudicación da prestación do servicio de gardería infantil municipal.

3. Duración do contrato.

Catro anos contados desde a data do inicio da prestación do servicio, prorrogable por anualidades ata un máximo de seis anos.

4. Capacidade para contratar.

Regulada no prego de cláusulas administrativas.

5. Garantías.

Provisional: 300 euros. Definitiva: 600 euros.

6. Presentación de ofertas.

Na secretaría do concello (das 9 ás 14 horas) no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Presentaranse dous sobres pechados: A (documentación) e B (proposición económica).

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os contidos na base XVI do prego de cláusulas.

8. Apertura de proposicións.

A mesa de contratación reunirase o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Modelo de proposición.

A oferta, xunto coa restante documentación esixible segundo o prego de cláusulas, presentarase conforme o seguinte modelo:

D/Dna veciño/a

de con domicilio en

CP e DNI nº expedido en

con data do en nome propio (ou en

representación de ) e como acredito

por informado da convocatoria do

concurso anunciada no BOP, toma parte nela e comprométese a xestiona-lo servicio de gardería infantil municipal, conforme o prego de cláusulas económico-administrativas con criterios, melloras e solucións que expón a continuación (declarando non estar incurso nos supostos de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidos nos artigos 20 e 22 da Lei de contratos das administracións públicas).

En ... o ... de ... de 2003.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Ribadumia, 16 de abril de 2003.

Mª Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa