Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

OFERTA de emprego público 2003.

A oferta de emprego público do Concello de Muros para 2003 comprende: a) Persoal funcionario: unha de cabo-xefe da policía local, grupo D, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais. b) Persoal laboral: unha de auxiliar da policía local, nivel equivalente ó grupo D.

I. Resumo das bases xerais da convocatoria.

1. Normas xerais: o obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade das prazas citadas anteriormente, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 2003, consonte a normativa reguladora do acceso ó emprego público.

2. Requisitos: a) Ser cidadán español ou nacional dos demais estados da Unión Europea. b) Ter cumpridos 18 anos de idade. c) Te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria. d) Posuí-la capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspire. e) Que o aspirante non fose separado mediante expediente disciplinario do servicio ás administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Solicitudes: os que queiran participar nas probas selectivas deberán facelo constar en instancia dirixida ó alcalde da corporación, que se presentará no rexistro xeral do concello (directamente ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), no prazo de vinte días naturais contados desde que se publique o anuncio da convocatoria no BOE.

II. Resumo das bases específicas da praza de cabo-xefe da policía local.

1. Sistema: concurso de méritos, por promoción interna.

2. A praza está incluída no cadro de persoal como de persoal funcionario, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D, nivel 16 de CD.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente, e dos permisos de conducción clase B, servicio público ou equivalente e te-la condición de gardas da policía local do Concello de Muros, cunha antigüidade mínima de dous anos de servicios no posto.

4. Baremo do concurso de méritos: é o anexo I do decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo.

III. Resumo das bases específicas da praza de auxiliar da policía local.

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está incluída no cadro de persoal, como de persoal laboral fixo, categoría equivalente ó grupo D.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente, do permiso de conducción clase B ou equivalente e posuír unha estatura mínima de 1,70 m os homes e 1,65 m as mulleres.

4. Fase de concurso. Primeiro: serán valorados os seguintes méritos: a) Servicios prestados en calidade de policía local, a razón de 0,20 puntos/mes,

ata un máximo de 2,50 puntos. b) Cursos relacionados coa actividade policial e impartidos pola Academia Galega de Seguridade ou homologados por esta, ata un máximo de 2,50 puntos. c) Currículum e experiencia profesional dos aspirantes e a calidade do traballo desenvolvido como auxiliar da policía local, ata un máximo de 2,50 puntos. Segundo: os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

5. Fase de oposición. Primeiro exercicio, de carácter físico, consistente na realización de probas físicas. Segundo exercicio, consistente en contestar brevemente nun período máximo de sesenta minutos un cuestionario de trinta preguntas sobre temas relacionados co programa achegado e co coñecemento do municipio e dos seus servicios públicos. Avaliarase o coñecemento específico do programa e do municipio. Terceiro exercicio, de carácter práctico, consistente en redactar durante un tempo máximo de corenta minutos, un informe policial en relación cun suposto de feito que lle proporá o tribunal. Cuarto exercicio, consistente en traducir ó galego, nun período máximo de trinta minutos, un texto en castelán elixido polo tribunal. O primeiro exercicio cualificarase como apto ou non apto. Os dous exercicios seguintes serán obrigatorios e eliminatorios e avaliaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación mínima de 5 para aprobalos. O cuarto exercicio é de carácter obrigatorio

pero non eliminatorio e puntuarase de 0 a 3.

As bases completas e os programas dos exercicios da oposición publícanse no BOP da Coruña.

Muros, 25 de marzo de 2003.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde