Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobados por acordo da Comisión Municipal de Goberno os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da execución das obras referenciadas, exponse ó público por 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultáneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación aprazarase canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerá así mesmo exposto o correspondente proxecto técnico, podendo presentarse as alegacións que se entendan oportunas ó mesmo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de abastecemento de auga en Santiaguiño, zona industrial. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 152.978,47 euros, IVE e demáis tributos incluídos.

5. Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Reguengo 1, 36416 Petelos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns nos que apareza (DOG ou BOP). De 9 a 14 horas de luns a venres; de 9 a 13 horas, os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados de Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións.

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª....., co DNI nº.....; actuando en nome propio ou en representación da entidade.....; con enderezo para efectos de notificacións en....., tendo coñecemento do concurso tramitado polo Concello de Mos para a execución da obra de abastecemento de auga en Santiaguiño-zona industrial e informado dos pregos aprobados para o efecto, comprométese a efectuala ofertando as seguintes melloras:

-Baixa sobre o tipo de licitación:.....euros (.....ptas.); que supón unha porcentaxe do.....% sobre tal tipo.

-Prazo de execución: .....

.....

(Lugar e data)

(Sinatura).

Mos, 3 de abril de 2003.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde