Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO de aprobación inicial de estudio de detalle.

Por resolución do día da data, esta Alcaldía acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle pre

sentado por Cosmavaz e Hijos Construcción y Promoción, S.L. para a reordenación dos fondos edificables no quinteiro formado polas rúas Ourense, Fontechá, Pantón e Tomás Vázquez.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, advertindo que o expediente se atopará de manifesto na Secretaría do Concello de Monforte de Lemos durante un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que os interesados poderán consultalo e formula-las alegacións, reclamacións ou suxestións que estimen oportunas.

Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2003.

Nazario Pin Fernández

Alcalde