Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.474

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (279/2002).

En Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 279/2002, seguida por unha falta de danos, ademais do Ministerio Fiscal, María Visitación Huerga González, Adriano Cagnani e Saverio Torcho, pronunciou a seguinte:

«Sentencia.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Estas actuacións iniciáronse en virtude de denuncia e téndose declarado o feito falta, procedeuse á celebración do correspondente xuízo de verbal logo de citación ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Segundo.-O Ministerio Fiscal en trámite de conclusións non formulou acusación.

Terceiro.-Na tramitación destes autos observáronse tódalas prescricións legais, a excepción do prazo para dictar sentencia, debido á acumulación de asuntos pendentes desta resolución.

Feitos probados.

Único.-María Visitación o día 16 de xullo de 2002 formulou denuncia contra Adriano Cagnani e Saverio Torcho, na que os acusa de danos, feitos estes que non quedaron acreditados no acto do xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O sistema penal español esixe para a imposición de condena penal a proba plena da acusación, tendo en conta que non resultando acreditados os feitos que se imputan ós denunciados procede conforme o principio in dubio pro reo e o artigo 24 da Constitución dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código Penal e 239 e 240 da Lei da axuizamento criminal.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións os denunciados Adriano Cagnani e a Saverio Torcho, declarando de oficio as custas desta instancia.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, Sección Sexta con sede en Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación.-Dada, lida e publicada foi a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, estando celebrando audiencia pública en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de dous mil dous, do que eu secretario dou fe.