Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CISTIERNA

EDICTO (9/2000).

Eu, María Jesús López Viejo, secretaria do Xulgado de Instrucción número un de Cistierna, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 9/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e na súa parte dispositiva di:

«Rosario María Bardón González, xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 9/2000, seguida por unha falta contra os intereses xerais do artigo 629,

contra Antonio Carrizo Cadaya, Roberto Carlos Soto González e Daniel Soto González, sendo parte nela o Ministerio Fiscal e denunciante a estación de esquí de San Isidro.

Decido que debo condenar e condeno a Roberto Carlos Soto González como autor responsable dunha falta contra os intereses xerais do artigo 629 do Código Penal, á pena de 60 días de multa, cunha cota diaria de 2.000 pesetas, con responsabilidade persoal subsidiaria, en caso de non pagamento, de 15 días, e debendo indemnizar en concepto de responsabilidade civil, a estación de esquí de San Isidro, coa cantidade de 10.000 pesetas e ó pagamento das custas.

Debo absolver e absolvo a Antonio Carrizo Cadaya e a Daniel Soto González da falta da que estaban acusados.

Unha vez firme esta resolución, procédase á destrucción dos billetes».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Roberto Carlos Soto González, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Cistierna o 8 de maio de 2001.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA