Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

CÉDULA de notificación (431/2002).

Margarita Caloto Goyanes, secretaria substituta do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Vigo

(Xulgado de Familia), procedemento: divorcio contencioso 431/2002 P de Rosa Mosquera Estévez, contra Joaquín Severo Ulla Madroñero, certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba citados nos que se dictou a seguinte:

«En Vigo o sete de marzo de dous mil tres. Vistos por Ana María Enríquez Magallanes, maxistrada xuíza, substituta, do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Vigo, estes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 431/2002 P, por instancia de Rosa Mosquera Estévez, maior de idade, representada polo procurador José Ramón Curbera Fernández e asistida da letrada Concepción Melendro Mouco, contra Joaquín Ulla Madroñero, maior de idade, o cal se declarou en rebeldía procesual, e na súa virtude e en nome de El-Rei dicta a seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio que formaban Joaquín S. Ulla Madroñero e Rosa Mosquera Estévez, e que consta inscrito no libro 10-C, páxina 426, da Sección Segunda do Rexistro Civil de Madrid, con tódolos efectos legais que a dita declaración implica.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil de Madrid para a súa inscrición á marxe da do matrimonio das partes.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Joaquín Severo Ulla Madroñero, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Vigo o vinteún de marzo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

CISTIERNA