Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. avda. Buenos Aires-avda. Galicia, 69.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 650 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente avda. Buenos Aires e remate no C.T. existente Caños, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de marzo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra