Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., CD Casilla-Atios, 10.
Situación: concello do Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 105 m de lonxitude con orixe na L.M.T. Tui-estrada (ATI7102836) e remate na L.M.T. Tui-estrada (ATI7102830). Centro de distribución situado en Casilla-Atios 10, concello do Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de marzo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra