Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona unha proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez Curto, Emilia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase unha proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª planta, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de marzo de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadaProcedemento

Pérez Curto, Emilia

(34332987-V);

r/ Ourense 102-1º

Monforte de Lemos (Lugo)

Proposta de liquidación contida

en acta de desconformidade (A02);

nº de plan: 27/2003/00126-0032