Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Del Riego Ares, Ursino e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de marzo de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Del Riego Ares, Ursino

(33817419-J);

r/ Ibiza 29-7º-Madrid

Imposto sobre sucesións e doazóns;

exp. 210/02-D

Redondo Vázquez, Consuelo

(33313440X);

r/ Vella Vista 17-4º-A Coruña

Imposto sobre sucesións e doazóns; exp. 701/02-S

InteresadoProcedemento

Chousa Doncos, Trinidad

(33304315-Q);

r/ Milagrosa 71-2º-Lugo

Imposto sobre sucesións e doazóns;

exp. 1312/02-S