Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. Rosalía de Castro, 28.
Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.Z., de 8 m de lonxitude, con orixe en LCS 810-O Carril, entre os CC.TT. existentes travesía Rosalía Castro e o ramal, e remate no mesmo, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, na avda. Rosalía de Castro 28, concello de Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de marzo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra