Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.420

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (81/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 81/2002, se dictou a seguinte cédula de citación.

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citalo co fin de que o próximo día vintenove de abril ás once corenta e cinco horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos,...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo de que de non residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa,

recaendo sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Manuel A. Díaz Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o trinta e un de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN