Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.420

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (469/2002).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 469/2002, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Condenar a Ramón Abelleira Torres como autor dunha falta de desobediencia do artigo 634 do Código Penal, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, á pena de corenta e cinco días de multa a razón de tres euros diarios (en total cento trinta e cinco euros) así como ó pagamento das custas procesuais. Se non satisfixer voluntariamente, ou pola vía de constrinximento, a multa imposta, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días que comezarán a contar desde a súa notificación para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ramón Abelleira Torres, actualmente en paradoiro descoñecido, e para súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o vintecinco de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado