O punto 2 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán no lugar, a data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que, esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168,
do 2 de setembro), das categorías de técnico superior en psicoloxía, técnico superior en bioloxía, técnico superior en organización e administración sanitaria, técnico de grao medio en organización e administración sanitaria, azafata, grupo administrativo, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información para a realización dos exercicios de oposición da fase de selección.
Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9,45 horas do día 11 de maio de 2003, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.
O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE
BETANZOS