Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.419

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do día 21 de abril de 2003, relativo á anulación de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición en acceso libre e promoción interna.

Na súa sesión do día 21 de abril de 2003 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, acordou:

Publica-la anulación de oficio da pregunta número 70 (acceso libre) e a pregunta número 23 (promoción interna) dos cuestionarios do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición.

Anula-la pregunta número 17 (acceso libre) e a pregunta número 25 (promoción interna) dos cuestionarios do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición consonte as reclamacións presentadas polos aspirantes.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal