Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.409

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., con nº de código 3601742 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-3-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 21-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios na empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluídos na alínea C), punto 3º do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002. A vixencia será a totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se lograr acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Procedemento de denuncia.

A denuncia na que se propoña a revisión do presente convenio deberá ser presentada por calquera das partes deliberantes cunha anticipación mínima dun mes. Desta comunicación enviarase copia para efectos de rexistro á delegación provincial da Consellería de Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das dúas representacións que tomaron parte na negociación do convenio. Unha e outra poderanse dotar de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal obreiro establécense como segue:

-Axuda de custo completa: 18,02 A.

-Media axuda de custo: 7,21 A.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3,0% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-2002 supere o 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe, que afectará os conceptos previstos no parágrafo anterior. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real do 2002 e aboarase con efectos do 1 de xaneiro dese ano. Cando proceda a aplicación desta cláusula, os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

-Xullo, 30 días, pagadoira o día 15 de xullo.

-Nadal, 30 días, pagadoira o día 20 de decembro.

Artigo 8º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data do asinamento deste convenio.

Artigo 9º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

Establécese un complemento de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio, de carácter diario, que se fixa en 3,11 A para o ano 2002.

A percepción do presente complemento estará suxeita ás seguintes regras:

1º Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador, no momento de comeza-la xornada laboral, non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2º No suposto anterior, o traballador perderá o 5 por cento do complemento de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3º Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral perdéndose o 10 por cento do complemento cada vez que se produza a dita falta.

4º A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20 por cento do complemento.

5º As licencias establecidas no presente convenio e Estatuto dos traballadores, non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte, sexa cal for o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, complemento que se aboará por día de traballo efectivo.

Para o ano 2002, este establécese na cantidade de 3,85 euros. As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, ratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida coma a continuada, e en cómputo anual realizaranse 1.756 horas, segundo o establecido no artigo 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables, aplicarase o establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado polo presente convenio estará suxeito á quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado establecerase o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o 1 de xullo ó 1 de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo, garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 12º.-Organización do traballo.

Na sección de teares establécese un sistema de organización do traballo consistente na definición dos seguintes equipos de traballo:

a) Equipos flexibles: encargaranse dos labores necesarios desde que se descargue o tear ata o deixar novamente cargado. Asígnanse 3 equipos de 4 persoas cada un. Dos 4 operarios que compoñen cada equipo un descansa. Deste xeito, e mediante un sistema rotatorio de descansos, cada integrante do equipo ten garantidos 2 descansos fixos de 2 días cada 16 días, á parte dos que lle poidan corresponder en función das cadencias de carga e descarga dos teares.

b) Equipos normais: formados por un xefe de equipo e un axudante atenderán o correcto funcionamento dos teares. En quendas de mañá, tarde e noite e mediante un calendario de rotacións entre 5 equipos conséguese ter cuberto este servicio tódolos días do mes. Os axudantes percibirán un complemento de posto de traballo equivalente á diferencia entre o seu salario e o establecido para a categoría de oficial de 3ª.

O importe do complemento establecido para cada un dos integrantes dos equipos descritos nas letras a) e b) anteriores fíxanse en 229,45 euros mensuais para este ano.

Os operarios que atendan o tren de pulido percibirán un complemento de posto de traballo igual ó descrito na letra b) para os axudantes.

A empresa reitera o seu interese en establecer un complemento de calidade por seccións, complemento que só se poderá establecer cando se conte cos medios técnicos de control de calidade necesarios para valora-la evolución da calidade nas distintas fases do proceso productivo.

Artigo 13º.-Promoción no traballo.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 14º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente calquera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rexan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas e terán para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións será informado o comité de empresa.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis complemento de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día laborable anterior ó seu desfrute.

Artigo 16º.-Licencias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador que as que aquí se establecen:

ConceptoDías naturais

Matrimonio do traballador15

Matrimonio de fillos ou irmáns da provincia1

Matrimonio de fillos ou irmáns fóra da provincia2

Enfermidade grave do cónxuxe (convivente), pais ou fillos na provincia6

Enfermidade grave do cónxuxe (convivente), pais ou fillos fóra da provincia7

Enfermidade grave de irmáns2

Parto da esposa e/ou compañeira6

Morte de cónxuxe e/ou convivente, pais e fillos6

Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos2

Morte de irmáns políticos ou tíos1

Traslado de domicilio habitual dentro da provincia3

Traslado de domicilio habitual fóra da provincia5

En tódolos casos será con notificación á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle roupa de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso.

Pezas de roupaCantidadeParque de

bloques e

teares

MantementoResto

persoal

Fundas ou traxes1 4 meses 4 meses 6 meses

Camisa remeira112 meses12 meses12 meses

Botas1 6 meses 6 meses 6 meses

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do Centro de Seguridade e Hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 19º.-Baixa hospitalaria.

En caso de baixa hospitalaria, a empresa complementaralles ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, segundo detalle:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 20º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará a Seguridade Social ou mutua patronal ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, a partir dos 20 días e ata un máximo de 120 días.

Nos casos de ILT de longa duración e exceptuados aqueles casos nos que o accidente fose debido a incumprimento por parte do traballador das normas de prevención, a empresa complementará a prestación desde o primeiro e ata un máximo de 150 días.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-Caso de morte: 36.060.73.

-Invalidez total para traballo habitual: 36.060.73.

-Invalidez absoluta: 36.060.73.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 22º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 23º.-Partes asinantes.

O presente convenio é asinado por José Luis Heitzmann Hernández, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

-Jesús Alonso González.-Antonio Costas Iglesias.-José A. Araújo Collazo.

O Porriño, 22 de outubro de 2002.

Táboa salarial ano 2002

Recsa

Categoría profesionalSalarios

Base 2001MensualDiario

Técnicos medios:

Titulados grao medio1.240,851.296,69

Mestres industriais1.129,651.180,48

Administrativos:

Xefe 1ª1.240,851.296,69

Xefe 2ª1.078,471.127,00

Oficial 1ª919,00960,36

Oficial 2ª834,12871,66

Auxiliar673,70704,02

Persoal técnico non titulado:

Delineante superior1.078,471.127,00

Delineante 1ª919,00960,36

Delinenate 2ª834,12871,66

Calcador673,70704,02

Persoal técnico de organización:

Técnico organización 1ª919,00960,36

Técnico organización 2ª834,12871,66

Auxiliar de organización673,70704,02

Persoal técnico de fabricación:

Encargado xeral1.214,701.269,36

Encargado de sección1.078,471.127,00

Contramestre952,79995,67

Inspector de control848,03886,19

Ordenanza745,82779,38

Porteiro745,82779,38

Almaceneiro745,82779,38

Garda xurado745,82779,38

Xefe de equipo30,1031,45

Oficial 1ª29,0630,37

Oficial 2ª27,9729,23

Oficial 3ª26,8928,10

Especialista25,5626,71

Peón/operario limpeza18,2819,10

Táboa horas extras ano 2002

Recsa

Categoría profesionalBase ptas./horaHoras 2002

Técnicos medios:

Mestres industriais8,718,97

Administrativos:

Xefe 1ª9,119,38

Xefe 2ª8,238,48

Categoría profesionalBase ptas./horaHoras 2002

Oficial 1ª7,617,84

Oficial 2ª7,137,34

Auxiliar6,736,93

Persoal técnico non titulado:

Delineante superior8,238,48

Delineante 1ª7,617,84

Delinenate 2ª7,137,34

Calcador6,736,93

Persoal técnico de organización:

Técnico organización 1ª7,617,84

Técnico organización 2ª7,137,34

Auxiliar de organización6,736,93

Persoal técnico de fabricación:

Encargado de sección8,238,48

Contramestre7,457,67

Inspector de control7,067,27

Ordenanza6,857,06

Porteiro6,857,06

Almaceneiro6,857,06

Garda xurado6,857,06

Xefe de equipo7,277,49

Oficial 1ª7,187,40

Oficial 2ª7,067,27

Oficial 3ª6,937,14

Especialista6,897,10

Peón6,857,06

Operario de limpeza4,865,01