Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Pleno que tivo lugar o pasado día 21 de marzo de 2003 aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para adxudicar, por procedemento aberto, o outorgamento dunha concesión administrativa para a construcción dunha edificación para equipamento social sobre dunha parcela dotacional de dominio público e a utilización privativa desta.

A través deste anuncio convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Oleiros, praza de Galicia, nº 1, 15173 Oleiros (A Coruña). Negociado: secretaría xeral. Teléfono: 981 61 00 00. Fax: 981 63 10 29.

2. Obxecto do contrato: outorgamento dunha concesión administrativa para a construcción dunha edificación para equipamento social sobre dunha parcela dotacional de dominio público e a utilización privativa desta, situada no ámbito da urbanización Rialta, Dorneda (Oleiros).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Prazo da concesión: o prazo máximo da concesión será de cincuenta anos.

5. Canon: o canon será ofertado polo licitador ó presenta-la correspondente oferta, sen que sexa inferior a 5.000 euros ó ano.

6. Prazos de execución: o concesionario deberá presenta-la documentación completa do proxecto de edificación no prazo dun mes. Despois da aprobación do proxecto, o prazo máximo de execución das obras de edificación será de 18 meses.

7. Garantía provisional: para optar ó concurso constituirase previamente unha garantía de 4.130,32 euros.

8. Garantía definitiva: a garantía definitiva para responder da execución das obras fíxase no 4% do orzamento de execución material previsto no proxecto.

9. Obtención da documentación: o prego de cláusulas poderase recoller na secretaría xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas.

10. Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas.

11. Prazo de presentación: o prazo de presentación das ofertas será dun mes contado a partir da publicación do anunico no BOP, rematando ás 13 horas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, tanto en diarios oficiais como nos xornais.

Oleiros, 2 de abril de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa